A próxima semana celebraremos no centro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Unha das actividades do alumnado de sexto consistirá en cantar Imagine de John Lennon en lingua de signos.
Para iso, Tareixa axudounos moitísimo explicándonos o significado de cada signo e axudándonos a realizalos correctamente. Grazas Tareixa e parabéns polo teu traballo!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario