A TERRA: LIÑAS IMAXINARIAS
As coordenadas xeográficas dun punto son a súa lonxitude e a súa latitude.
Os meridianos miden a lonxitude, que é a distancia entre un punto da superficie terrestre e o meridiano de Greenwich. Mídese en graos de 0º a 180º cara ao leste e cara ao oeste. Os meridianos unen o Polo Norte e o Polo Sur. O meridiano de Greenwich é o meridiano 0 e divide a Terra en dúas metades ou hemisferios: leste e oeste.
Os paralelos rodean a Terra. O Ecuador é o paralelo 0 e divide a Terra en hemisferio norte e hemisferio sur. Ao norte do Ecuador atopamos o Trópico de Cáncer e o Círculo Polar Ártico. Ao sur temos o Trópico de Capricornio e o Círculo Polar Antártico. Os paralelos son liñas imaxinarias que miden a latitude, que é a distancia que hai entre calquera punto da Terra e o Ecuador. Mídese en graos, desde 0º do Ecuador a 90º N ou 90º S dos polos.
EUROPA: LOCALIZACIÓN
Europa é un continente situado no hemisferio Norte. Os seus territorios teñen latitude Norte e lonxitude Leste.
Os límites do continente europeo son:
- Norte: océano Glacial Ártico.
- Sur: mar Mediterráneo, mar Negro, Cáucaso.
- Leste: montes Urais e mar Caspio.
- Oeste: Océano Atlántico.
RELEVO DE EUROPA
Europa ten un relevo moi variado, con sistemas montañosos de menor altitude no norte e outros máis elevados no sur.
- As montañas do norte: de pouca altura, non superan os 2000 metros. É un relevo moi desgastado pola erosión, as formas son redondeadas, xa que son montañas de formación máis antiga. Destacamos aquí:
* Montes Escandinavos, que recorren a península escandinava (Noruega e Suecia) e Finlandia.
* Montes Grampianos, un dos principais sistemas montañosos de Escocia, no Reino Unido.
* Macizo Central, no centro de Francia.
* Vosgos, ao noreste de Francia.
* Montes Urais, límite leste de Europa con Asia.
- As montañas do sur: son máis elevadas e a maioría bordean o mar Mediterráneo. Teñen máis altura que as do norte porque se formaron hai pouco tempo comparado coas anteriores. Destacamos aquí:
* Os Pireneos, esténdense ao longo da fronteira entre Francia e España. O pico máis alto é o Aneto (3404 m).
* Os Alpes, no centro de Europa. Abranguen varios países, pero destacan os Alpes suízos. O pico máis alto é o Mont Blanc (4807 m).
* Os Cárpatos, no leste de Europa. Forman un arco desde a República Checa ata Rumanía. O pico máis alto é o Gerlachovsky (2655 m).
* Os Balcáns, unha extensión da cordilleira dos Cárpatos, separada destes polo río Danubio entre as fronteiras de Bulgaria e Serbia. O pico máis alto é o Botev (2376 m).
* O Cáucaso, entre o mar Negro e o mar Caspio, é o límite leste de Europa con Rusia. Nesta cordilleira está o pico máis alto de Europa, o Elbrús (5642 m).
* Os Apeninos, que recorren Italia. O pico máis alto é o Gran Sasso (2912 m).
* Outros montes destacables:
- Etna, un volcán en Sicilia (3349 m).
- Olimpo, montaña máis alta de Grecia (2911 m).
- Musala, cumbre máis alta de Bulgaria (2925 m).
- Teide, volcán en Tenerife, nas Illas Canarias (3718 m).
AS
CHAIRAS
Esténdense
polo centro e leste do continente desde Francia ata Rusia.
-
A Gran Chaira Europea: limita co mar do Norte e co mar Báltico polo
norte, e cos Pireneos, cos Alpes e cos Cárpatos polo sur. Nesta
ampla chaira hai macizos, que son montañas de pouca altitude, como o
Macizo Central e a cordilleira dos Vosgos.
-
A Chaira da Europa Oriental: limita co mar Branco e o mar de Barents
polo norte, co Cáucaso e o mar Negro polo sur, cos Montes Urais polo
leste e cos Cárpatos polo oeste.
PENÍNSULAS
En
Europa atopamos moitas penínsulas. As principais son:
-
A península Ibérica: no suroeste de Europa. Ocupan o seu territorio
España, Portugal, Andorra e Xibraltar.
-
A península Itálica: situada no centro do mar Mediterráneo. Está
ocupada por Italia, ademáis da Cidade do Vaticano e San Marino.
-
A península Balcánica: comprende Albania, Bosnia e Herzegovina,
Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Grecia, República de Macedonia,
Montenegro, Rumanía, Serbia, Kosovo e Turquía.
- A península de Kola: ao norte de Rusia. Limita ao norte co mar de Barents, e ao leste e ao sur co mar Branco.
-
A península Escandinava: no noroeste de Europa. A maior parte está
ocupada por Noruega e Suecia. É a máis longa de Europa.
-
A península de Bretaña: situada en Francia, no extremo oeste do
país.
-
A península de Cornualles: pertence ao Reino Unido, no suroeste.
-
A península de Jutlandia: comprende Dinamarca e o norte de Alemania.
-
A península de Crimea: en Ucrania, na costa norte do mar Negro.
A
COSTA DE EUROPA
Europa
é un continente con moitos kilómetros de costa (máis de 40000).
Está bañada por dous océanos e varios mares:
-
OCÉANOS: océano Glacial Ártico, ao norte, e océano Atlántico, ao
noroeste.
-
MARES: os principais son: mar de Barents, mar Branco, mar de Noruega,
mar do Norte, mar Báltico, mar Cantábrico, mar Mediterráneo (mar
Tirreno, mar Jónico, mar Adriático, mar Egeo), mar Negro, mar
Caspio.
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos
Abraham Alvarez Diz
ResponderBorrarMe gustó mucho
O blog está moi ben, porque podes estudar por el para os exames
ResponderBorrarAlberto 6°B
Hola Alberto yo también estoy de acuerdo contigo
ResponderBorrarAbraham Álvarez Diz ⚡️����������������������������������������������������♀️����
ME ENCANTA EL BLOG.ES SUPER INTERESANTE
ResponderBorrarHUGO R.