O día 21 de decembro os nenos e nenas de 6º B fomos á clase dos pequenos de 5 anos para cantarlles unha panxoliña por Nadal. Foi unha sorpresa para eles! Queriamos darlles un agasallo de Nadal, xa que son unhas festas moi bonitas e especiais para todo o mundo.
Despois de cantarlles a panxoliña, eles tamén tiñan unha sorpresa para nós! Cantáronnos unha panxoliña en linguaxe de signos, foi un bonito detalle da súa parte, e o desfrutamos moito, ata as profes cantaron con eles!
En xeral, todos desfrutamos moito cos pequenos.
Foi un gran agasallo.
Natalia (6º B)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario