sábado, 26 de enero de 2019

"Imagine" para o día da Paz

A próxima semana celebraremos no centro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Unha das actividades do alumnado de sexto consistirá en cantar Imagine de John Lennon en lingua de signos.
Para iso, Tareixa axudounos moitísimo explicándonos o significado de cada signo e axudándonos a realizalos correctamente. Grazas Tareixa e parabéns polo teu traballo!


lunes, 21 de enero de 2019

Cantando panxoliñas aos pequenos de 5 anos

O día 21 de decembro os nenos e nenas de 6º B fomos á clase dos pequenos de 5 anos para cantarlles unha panxoliña por Nadal. Foi unha sorpresa para eles! Queriamos darlles un agasallo de Nadal, xa que son unhas festas moi bonitas e especiais para todo o mundo. 


Cantamos a panxoliña con pandeiretas e un bombo, soaron moi ben, xa que daba un gran ambiente á panxoliña.


Despois de cantarlles a panxoliña, eles tamén tiñan unha sorpresa para nós! Cantáronnos unha panxoliña en linguaxe de signos, foi un bonito detalle da súa parte, e o desfrutamos moito, ata as profes cantaron con eles!


En xeral, todos desfrutamos moito cos pequenos. 
Foi un gran agasallo. 

Natalia (6º B)

viernes, 18 de enero de 2019

UNHA FESTA INOLVIDABLE

A festa de fin de trimeste foi moi divertida, emocionante e excepcional.
Comimos moito todos, case quedamos  empachados coas palomitas de Hugo Rey, cos turróns de Andrea e Xesús e a botella de nestea de Antón que ¡uf! era de litro e medio.
Fixemos unha batalla de baile entre nenos e nenas, e gañaron as chicas pero, grazas ao ”flow” de Antón, gañaron un punto os nenos.
Ao final da festa viñeron os da outra clase para tomar as uvas de fin de ano 12, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1...

ÚLTIMO DÍA DE CLASES!

Xenevra e Emma (6º B)