domingo, 17 de febrero de 2019

Despois de ir ao Teatro Principal a ver “Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)” de Talía Teatro, recibimos a visita de Diego (Valentino Rufini) no colexio.
 Falounos da súa experiencia no teatro e contestou amablemente ás nosas preguntas.
Moitas grazas, Diego.



miércoles, 6 de febrero de 2019

Exposición: David Bowie

Foi unha experiencia moi divertida presentar este traballo o venres 11 de xaneiro aos nenos de 4ºA do noso colexio. Estes xa coñecían o tema do que íamos falar.
Na exposición explicamos sobre David Bowie e a súa orixe. Tamén falamos acerca da súa familia e o seu estilo de música, o Rock. Comentamos por que ten os ollos de cor distinta un do outro, a causa dunha pelexa no patio do colexio na que lle clavaron un compás no ollo esquerdo, cambiando a súa cor, convertindoo nunha das súas sinais de identidade.


Iria, Daniela e Andrea (6ºB)

*Tamén podedes ver este contido no blog de 4º A (preme aquí).