jueves, 22 de noviembre de 2018

MAGOSTO

   Que ben o pasamos na celebración do Magosto! 

                                 Xogamos, competimos, compartimos moitas risas...

                                                                 ... e tamén degustamos unhas boísimas castañas!


 
             

                                                           
   









As portas terroríficas de sexto

Os alumnos do sexto sentido adornaron as portas das aulas para o Samaín. Fixeron mans de zombis e escribiron mensaxes de advertencia... non fora a entrar algún despistado!








miércoles, 14 de noviembre de 2018

Día mundial da diabete

Hoxe, 14 de novembro, celebrouse o día mundial das personas con diabete.
Nas clases de sexto estivemos aprendendo moitas cousas sobre esta enfermidade e tivemos a sorte de contar coa visita da profe Mari, que nos explicou que as persoas con diabete teñen que pincharse moitas veces ao día para medir o nivel de glicosa no sangue e tamén para administrar a insulina que o corpo precisa para funcionar correctamente.
Mari amosounos como se fai a medición e deixouse pinchar polos nenos/as de sexto. Explicounos tamén que un compañeiro do noso centro ten diabete e que as nenas e nenos da súa clase son uns expertos en facer eles mesmos estas medicións.
Grazas á profe Mari por visitarnos neste día e explicarnos cómo é o día a día dun neno con diabete.




Nesta ligazón poderedes ver un vídeo feito por anedia (asociación de nenas, nenos e xente nova con diabete de Galicia) no que sae o noso compañeiro Mauro!

Aquí vos deixamos tamén un capítulo de Caillou que explica moi ben o caso dunha nena con diabete:

viernes, 9 de noviembre de 2018

E chegou o Samaín...

O pasado mércores celebramos na escola o Samaín. Tivemos unha entrada moi terrorífica, onde os profes se disfrazaron e acenderon cabazas para asustar aos nenos e nenas que iamos entrando. Tamén lles contamos contos de medo aos nenos de segundo e rematamos a mañá vendo películas fantásticas e de medo nas nosas aulas.



 




jueves, 1 de noviembre de 2018

Día de Lorca

O 25 de outubro celebrouse en Santiago o Día de Lorca. O escritor granadino sentía un cariño especial por Galicia e, máis concretamente, por Santiago de Compostela. Escolleuse este día porque foi tamén un 25 de outubro de 1916 cando o escritor andaluz viaxou por primeira vez á nosa terra. Os alumnos e alumnas de "O Sexto Sentido" quixemos celebrar tamén este día asistindo a un acto homenaxe no Teatro Principal, aproveitando para dar un paseo pola fermosa alameda e zona vella da nosa cidade e desfrutar dun día de outono marabilloso.