sábado, 1 de diciembre de 2018
jueves, 22 de noviembre de 2018
MAGOSTO
Que ben o pasamos na celebración do Magosto!
Xogamos, competimos, compartimos moitas risas...
... e tamén degustamos unhas boísimas castañas!

Xogamos, competimos, compartimos moitas risas...
... e tamén degustamos unhas boísimas castañas!

As portas terroríficas de sexto
Os alumnos do sexto sentido adornaron as portas das aulas para o Samaín. Fixeron mans de zombis e escribiron mensaxes de advertencia... non fora a entrar algún despistado!
martes, 20 de noviembre de 2018
miércoles, 14 de noviembre de 2018
Día mundial da diabete
Hoxe, 14 de novembro, celebrouse o día mundial das personas con diabete.
Nas clases de sexto estivemos aprendendo moitas cousas sobre esta enfermidade e tivemos a sorte de contar coa visita da profe Mari, que nos explicou que as persoas con diabete teñen que pincharse moitas veces ao día para medir o nivel de glicosa no sangue e tamén para administrar a insulina que o corpo precisa para funcionar correctamente.
Mari amosounos como se fai a medición e deixouse pinchar polos nenos/as de sexto. Explicounos tamén que un compañeiro do noso centro ten diabete e que as nenas e nenos da súa clase son uns expertos en facer eles mesmos estas medicións.
Grazas á profe Mari por visitarnos neste día e explicarnos cómo é o día a día dun neno con diabete.
Nesta ligazón poderedes ver un vídeo feito por anedia (asociación de nenas, nenos e xente nova con diabete de Galicia) no que sae o noso compañeiro Mauro!
Aquí vos deixamos tamén un capítulo de Caillou que explica moi ben o caso dunha nena con diabete:
viernes, 9 de noviembre de 2018
E chegou o Samaín...
O pasado mércores celebramos na escola o Samaín. Tivemos unha entrada moi terrorífica, onde os profes se disfrazaron e acenderon cabazas para asustar aos nenos e nenas que iamos entrando. Tamén lles contamos contos de medo aos nenos de segundo e rematamos a mañá vendo películas fantásticas e de medo nas nosas aulas.
Etiquetas:
6º A,
6º B,
celebracións
jueves, 1 de noviembre de 2018
Día de Lorca
O 25 de outubro celebrouse en Santiago o Día de Lorca. O escritor granadino sentía un cariño especial por Galicia e, máis concretamente, por Santiago de Compostela. Escolleuse este día porque foi tamén un 25 de outubro de 1916 cando o escritor andaluz viaxou por primeira vez á nosa terra.
Os alumnos e alumnas de "O Sexto Sentido" quixemos celebrar tamén este día asistindo a un acto homenaxe no Teatro Principal, aproveitando para dar un paseo pola fermosa alameda e zona vella da nosa cidade e desfrutar dun día de outono marabilloso.
Etiquetas:
6º A,
6º B,
celebracións,
saídas
martes, 30 de octubre de 2018
Contos polo día da biblioteca
O pasado 24 de outubro celebramos o día da biblioteca no colexio. Os alumnos e alumnas de sexto contáronlle contos aos máis pequenos.
David Bowie
Este curso imos ampliar o noso repertorio musical e, á vez que nos divertimos escoitando música, investigaremos sobre os artistas e a súa obra.
Comezamos con David Bowie. Aquí tedes unha mostra do noso traballo.
(Retratos: Andrea e Laura)


lunes, 1 de octubre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)